O paro rexistrado sobe en Galicia en 300 persoas en outubro, mes no que se destruíron máis dun milleiro de empregos. O número de desempregados é de 113.386 segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social.
O paro rexistrado sobe en Galicia en 300 persoas en outubro, mes no que se destruíron máis dun milleiro de empregos. O número de desempregados é de 113.386 segundo os datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social.
O Concello de Vigo prenderá o alumeado de Nadal o 15 de novembro. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou este martes a data, "o segredo mellor gardado e cobizado do planeta", para un evento que como en anos anteriores se celebrará na Porta do Sol. O rexedor destaca que "case 12 millóns de luces led alumearán 460 rúas da cidade, que sumará novos espazos cos mercados de Nadal da praza de Vialia e Bouzas". Na imaxe, parte do alumeado de 2024 [CC-BY-SA Ana G. Liste/ Praza.gal]
O Ministerio de Sanidade envía un requirimento formal á Xunta e ao resto das autonomías do PP "para que remitan os datos de cribado de cancro" de mama, colorrectal e cérvix tras negárense a facelo alegando que o departamento que dirixe Mónica García llos reclamaba con fins partidistas. Este, detalla o Ministerio, é o paso legal previo "ante posibles incumprimentos no subministro de información esencial para a vixilancia na saúde pública". O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, sinalou a finais de outubro, tras a primeira negativa, que os gobernos do PP "estamos dispostos a dar eses datos" e que en Galicia "os primeiros en coñecelos van ser os pacientes".
O Consello de Ministros aproba o anteproxecto da lei do Estatuto do Bolseiro. Prevé regular as prácticas con regras como que as persoas que as realicen non poidan ser substitutas de persoal contratado e teñan garantido o "dereito á compensación de gastos, descanso e servizos do centro de traballo ofrecidos ás persoas traballadoras", salienta Yolanda Díaz sobre un texto para o que deberá procurar apoios dabondo no Congreso. [Imaxe: © Ministerio de Traballo]
A música de Xosé Lois Romero & Aliboria aparece nunha canción da cantante Amaia sen previo aviso. O grupo galego confirma que un fragmento do tema Caroi soa na canción Aralar da artista de Pamplona que gañou Operación Triunfo en 2017, e informa de que están "en contacto para resolver esta situación". "Tivemos a oportunidade de falar con Amaia e co seu equipo, que asumiron responsabilidades, amosaron comprensión e sensibilidade ante o ocorrido", manifestan nun comunicado.
O TSXG exime o Concello de Vigo de pagar 1,56 millóns de euros á promotora do concerto de Guns N' Roses e revoga a sentenza anterior que o condenara. O alto tribunal acolle o recurso de apelación interposto pola administración local contra o ditame do Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da cidade.
Dimite Carlos Mazón, presidente da Generalitat valenciana. Sen convocatoria de eleccións, a dimisión deixa nas mans do parlamento autonómico, dominado por PP e Vox, o nomeamento dun novo presidente. Feijóo e Mazón negociaron este domingo tras os apupos de vítimas no funeral de Estado polas 229 persoas mortas na DINA de hai un ano. Mazón, que non dixo se deixa tamén o escano, asumiu como erro "manter a axenda" dese día, puxo en valor as súas xestións para a recuperación neste último ano e cargou contra a falta de axuda do Goberno de España. [Foto: PP]
O ex-ministro Ábalos, o seu antigo asesor Koldo García e o empresario Víctor de Aldama, procesados por contratos irregulares de máscaras durante a pandemia. O xuíz instrutor da causa propón xulgados por presuntos delitos de suborno, pertenza a organización criminal, tráfico de influencias e malversación na póla principal do coñecido como caso Koldo.
Belém Tajes gaña o XVII Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais, promovido pola Deputación da Coruña. Na gala celebrada este domingo no Salón Teatro de Santiago o xurado valorou "o risco á hora de facer ponte entre a música galega e latinoamericana, ademais dos arranxos". A cantante e compositora Marián quedou en segunda posición e a banda ponteareá Vimbio, na terceira.
Milleiros de persoas volveron participar este 1 de novembro na Feira de Santos de Monterroso, onde outra volta acudiron tamén representantes das principais forzas políticas. Na imaxe, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez (arriba), o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, con membros da formación na localidade e mais o presidente da Deputación e líder do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé, con outros cargos socialistas. Desta volta a tradicional cita tivo que celebrarse sen feira de gando, suspendida pola Xunta para evitar contaxios da dermatose nodular. [Imaxes: Xunta | BNG | PSdeG]