Dimite Carlos Mazón, presidente da Generalitat valenciana. Sen convocatoria de eleccións, a dimisión deixa nas mans do parlamento autonómico, dominado por PP e Vox, o nomeamento dun novo presidente. Feijóo e Mazón negociaron este domingo tras os apupos de vítimas no funeral de Estado polas 229 persoas mortas na DINA de hai un ano. Mazón, que non dixo se deixa tamén o escano, asumiu como erro "manter a axenda" dese día, puxo en valor as súas xestións para a recuperación neste último ano e cargou contra a falta de axuda do Goberno de España. [Foto: PP]
- Rueda ve "correcta" a dimisión de Mazón, Pontón e Besteiro lembran un ano de aplausos
- HEMEROTECA (5/11/2024) | Quen é máis responsable na xestión dunha crise como a de València e cales son os tres niveis de emerxencia
- HEMEROTECA (1/11/2014) | As riadas máis mortais de Europa neste século superan xa as 200 vítimas en València