O grupo Orange faise co control total de Masorange, compañía que absorbera Euskaltel, que previamente adquirira a galega R. A tecnolóxica francesa faise coa metade que non controlaba a varios fondos e a investidores vascos.
O grupo Orange faise co control total de Masorange, compañía que absorbera Euskaltel, que previamente adquirira a galega R. A tecnolóxica francesa faise coa metade que non controlaba a varios fondos e a investidores vascos.
O Goberno de España comunica á Fundación Francisco Franco a apertura do proceso para a súa extinción. Conclúe que a súa actividade fai apoloxía do franquismo, humilla as vítimas e non ten fins culturais. A entidade chegou a xestionar as visitas ao Pazo de Meirás, coas que recoñecía que gababa a figura do ditador fascista.
O TSXG tomba cautelarmente outro parque eólico nos concellos de Lugo e Castroverde. O alto tribunal galego considera acreditado o risco de danos ambientais irreparables, segundo anuncia Adega.
Bebeto prenderá o alumeado de Nadal da Coruña. A lenda do Dépor, segundo adiantou DXT Campeón, estará na cidade o 26 de novembro para presentar a súa biografía e dous días despois, o venres 28, acenderá as luces festivas dende a praza de María Pita, confirma o Concello. Na imaxe, o ex-futbolista durante o Trofeo Teresa Herrera do 2023, canda Mauro Silva [© Concello da Coruña]
A militancia de Junts per Catalunya avala a ruptura co PSOE. O 86% dos votos das persoas afiliadas á formación están de acordo coa proposta da dirección de dar por rematado o acordo polo que apoiaron a investidura de Pedro Sánchez. Na votación participaron máis do 60% das máis de seis mil persoas rexistradas. [📸 Na imaxe, a dirección executiva nacional de Junts reunida este luns]
A Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo impulsa o Mapa Literario de Vigo para poñer en valor a importancia da cidade dentro da literatura e como actividade de animación á lectura. Son dez liñas, máis unha circular e outra especial, que artellan os barrios vigueses e os relacionan con distintas obras e autoras.
O catedrático da UDC Manuel Soto Castiñeira, novo presidente de Adega para os vindeiros dous anos. O pasado sábado, a organización ecoloxista renovou a súa xunta directiva, liderada polo profesor de Enxeñería Química, que xa ocupara a presidencia da entidade etnre 1996 e 2003.
Pedro Sánchez defende que o financiamento do PSOE é "absolutamente limpo" no "circo" que, lamenta, o PP artellou na comisión de investigación do Senado sobre o coñecido como Caso Koldo. O presidente do Goberno de España respondeu as preguntas dos grupos da Cámara alta durante cinco horas de tensa comparecencia das que informa infoLibre nesta crónica. A comparecencia íntegra pódese ver nesta ligazón do sinal institucional do Senado. [Imaxe: © Senado]
O pleno de Santiago aproba a modificación urbanística para a 'operación Peleteiro', que garante vivenda protexida no corazón do Ensanche. A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, eleva a "oportunidade histórica" esta reforma do PXOM, cuxa aprobación provisional tivo o apoio do goberno de BNG e CA e mais do PSdeG e o grupo de non adscritos, mentres que o PP votou en contra. Tras as negociacións co Estado, a reserva mínima para pisos protexidos é do "45%da superficie total edificable, excluída a planta baixa", remarca o edil de Urbanismo, Iago Lestegás. [Imaxe: © Concello de Santiago]
A irmá do galego Humberto Baena, un dos derradeiros fusilados do franquismo, roga nunha carta a Feijóo que o PP asista hoxe ao acto de homenaxe no Congreso. Os populares declinaron acudir ao acto ao entender que os homenaxeados "eran terroristas". A misiva é unha conversa entre os escritores Roger Mateos e Aroa Moreno, investigadores dos últimos fusilamentos do réxime fascista.