O PP confirma a súa ausencia na homenaxe no Congreso aos derradeiros fusilados polo franquismo, entre eles os galegos Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez Bravo. "Eran terroristas", resolve a voceira dos populares na Cámara Baixa, Ester Muñoz, quen di non "discutir" que "poidan ser consideradas vítimas do réxime" pero "discuto que sexan heroes que merezan un recoñecemento". O pasado agosto o Goberno de España fixo oficial a reparación oficial de Baena declarando "ilegal e ilexítimo" o tribunal que o xulgou e como "ilexítíma e nula" a condena ditada contra el nun proceso inzado de irregularidades.