O Goberno municipal de Arzúa rexeita o "ataque fascista" cometido nas útimas horas contra a escultura de Juan Vidal, alcalde da localidade fusilado polos golpistas en 1936. O Executivo formado por BNG, A.A. e PSdeG traslada a súa "profunda preocupación" por este acto vandálico, "que pretende sementar o odio e borrar a nosa historia", contra o "patrimonio colectivo" e "a memoria democrática". "Desde o goberno municipal expresamos o noso apoio e solidariedade coa familia de Juan Vidal e coa de todas as persoas represaliadas en Arzúa, así como con todas as persoas que manteñen viva a memoria das vítimas da represión franquista", aseguran. O Concello avanza que restaurará a escultura e pedirá que as autoridades competentes investiguen os feitos. [📷 CC-BY-SA BNG Arzúa]