Medio Rural suspende durante 21 días todas as feiras, certames, poxas, mercados e concentración de gando en Galicia a partir deste luns 27 como medida preventiva ante o avance da dermatose nodular contaxiosa entre os animais. Segue vixente o período de vixilancia veterinaria oficial para todos os bovinos procedentes de explotacións localizadas fóra do noso país e prohibirase a entrada de animais procedentes de explotacións situadas nas zonas declaradas como restrinxidas á dermatose nodular contaxiosa. O gando vacún que cheguen a Galicia con destino a sacrificio poderá acceder sempre que sexa trasladado directamente aos matadoiros.