Ledicia Costas, David Uclés e Lídia Jorge gañan o premio XXIX Premio San Clemente de Novela con Pel de cordeiro, La península de las casas vacías e Misericordia nas categorías de galego, castelán e outras linguas, respectivamente. O galardón está organizado polo instituto Rosalía de Castro de Santiago e o seu xurado está conformado por alumnado do centro xunto a estudantes doutros institutos de Galicia e do exterior, desta volta do Losada Díeguez da Estrada; o 12 de Outubro de Ourense; o Isaac Díaz Pardo de Sada; o Sanxillao de Lugo; o Antonio Fraguas de Santiago; o Ramiro de Maeztu de Madrid; o Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), o Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemaña) e o Hockerill Anglo European College (Reino Unido). Na imaxe, estudantes do xurado canda o secretario xeral da Lingua e outros cargos, no anuncio do resultado deste ano.
