Antía Yáñez gaña o XIX premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil con Bragakadabra. A escritora de Burela recibe este recoñecemento convocado pola Deputación da Coruña na modalidade infantil, dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil e valorou que a obra de Yáñez destaca polo "humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade". [📸 © @stillpablou]
