A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visita Ribeira cinco días despois da moción de censura que expulsou da Alcaldía a Luís Pérez Barral (BNG) para anunciar coa nova alcaldesa, Mariola Sampedro, a licitación do proxecto da nova residencia de maiores da localidade. A residencia fora reclamada durante anos polo anterior Goberno municipal e o proxecto fora paralizado o pasado mes de xuño pola Xunta.
- A Xunta anuncia cinco días despois da moción de censura a residencia de maiores reclamada por Ribeira
- ENTREVISTA | Luís Pérez Barral: "A Xunta é artífice fundamental da moción de censura en Ribeira"
- HEMEROTECA | A Xunta frea a súa residencia de maiores 'estrela' alegando restricións polas riadas de València
