Remata o prazo para remitir propostas cidadás ao novo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. A Secretaría Xeral da Lingua indica que recibiu unhas 300 achegas a través desta caixa de correo en internet pechada este 15 de outubro. Súmanse ás "máis de mil" recompiladas polos grupos que están a traballar na "actualización" do plan. Indica o secretario xeral, Valentín García, que o proceso encara xa "a súa última fase" e contra finais de ano "está prevista a redacción definitiva do texto por parte da comisión técnica na que quedarán reflectidas as medidas de promoción e impulso do uso do galego nos distintos sectores e ámbitos".
