Trump e os líderes de Exipto, Catar e Turquía asinan un acordo entre Israel e Hamás para a fin dos ataques en Gaza. A sinatura tivo lugar ante unha trintena de xefes de goberno, entre eles Pedro Sánchez.

Trump e os líderes de Exipto, Catar e Turquía asinan un acordo entre Israel e Hamás para a fin dos ataques en Gaza. A sinatura tivo lugar ante unha trintena de xefes de goberno, entre eles Pedro Sánchez.
Varios incendios na fin de semana queimaron xa máis dun cento de hectáreas en Galicia. O de Duio, en Fisterrra, quedou extinguido tras arrasar arredor de 25, mentres que outros dous na Gudiña e Rodeiro, xa controlados segundo informa a Xunta, calcinaron 60 e 29 respectivamente. Servizos de extinción informaron tamén de fogos en Muíños, Celanova ou Vilardevós nos últimos días. Fotos: @Lumesgal.
O PP volve gobernar Ribeira tras saír adiante a moción de censura contra o ata agora alcalde, Luís Pérez Barral (BNG), cos votos a prol dos populares e 3 dos 5 edís do Partido Barbanza Independiente (PBBI), integrante do goberno municipal canda ao Bloque e o PSdeG dende 2023. Na imaxe a nova alcaldesa, María Sampedro, tras ser investida no cargo despois dun tenso e concorrido pleno municipal. Foto: PP A Coruña.
O PSOE supera o PP por 15 puntos de diferenza no último barómetro do CIS, que segue a elevar a estimación de voto de VOX, a só dous puntos da formación liderada por Núñez Feijóo, que baixa case cinco puntos no último mes. A enquisa do instituto público realizouse do 1 ao 7 de outubro, en pleno debate sobre o dereito ao aborto e nun contexto de protestas ante o xenocidio israelí en Gaza.
En marcha o intercambio de prisioneiros entre Israel e Hamás contemplado no plan de cesamento do fogo en Gaza. O acordo abeirado polos EUA é asinado este luns na cidade exipcia de Sharm el Sheij con presenza de varios líderes internacionais ademais de Donald Trump; entre eles, Pedro Sánchez. Na imaxe, milleiros de persoas desprazadas forzosamente da cidade de Gaza, o pasado setembro. [© UNRWA]
O Sergas inicia este luns a vacinación infantil fronte á gripe cun programa piloto nos colexios. A vacina abranguerá as crianzas de 6 meses ata os 11 anos, unhas 215.000.
A Xunta dá por controlado un incendio en Fisterra, na parroquia de San Martiño de Duio, que queimou preto de 25 hectáreas. Outro en Rodeiro, en Carboentes, está activo desde a tarde e supera as 20 hectáreas calcinadas. Ademais, servizos de extinción informaron ademais de fogos en Muíños ou Celanova nas últimas horas. Foto: @LumesGal
Contrabiografía, de Xabier López López, é a obra gañadora da primeira edición do Premio Trevo de narrativa 2025. A obra editada por Galaxia foi finalista do galardón xunto a Sábeme a salamántiga o ceo da boca de César Cequeliños e Eu son o monte de Sara Guerrero.
Xerais celebrou este sábado en Vigo o acto de entrega dos seus premios a Andrea Maceiras, Abril Camino e Érica Esmorís. Os discursos fixeron referencia ao xenocidio cometido en Gaza ou á necesidade dun maior apoio á literatura en galego.
Daniel Pérez, investido alcalde de Carballo co compromiso de "recoller o legado que deixa Evencio Ferrero". O novo rexedor substitúe no cargo o histórico rexedor nacionalista, que deixou o bastón de mando tras 22 anos como primeiro edil da capital de Bergantiños.