Sés publica o single 'Nadando na incerteza', adianto do seu próximo libro-disco, do mesmo nome, que verá a luz o vindeiro 28 de novembro. O tema, que xa se pode escoitar en todas as plataformas, é un regreso “á esencia máis pura da canción”, coa palabra e a melodía no centro “sen artificios nin sobreproducións”.
Fálase
O BBVA fracasa na súa OPA ao Sabadell: apenas obtivo o 26% do capital na operación. A compra agora fracasada impactaría en Galicia nun panorama no que ambas entidades están superpostas en 43 concellos despois de que o banco catalán quedase hai unha década cos restos do Banco Gallego tras a quebra e rescate de Novagalicia Banco.
A Xunta "flexibiliza" a moratoria do eucalipto. Medio Rural permitirá substituír piñeirais enfermos por eucaliptos e cifra en 1.100 as sancións impostas desde 2022 por plantar esa especie en lugares non permitidos.
[📸 plantación de eucaliptos © Greenpeace]- 👉🏻 AMPLIAMOS | A Xunta "flexibiliza" a moratoria do eucalipto
- HEMEROTECA | Fundacións, comunidades de montes e ecoloxistas únense para ampliar a 2030 a prohibición de plantar eucalipto
- ENTREVISTA | Ismael Olveira: "Se damos vía libre ao eucalipto, a industria do piñeiro desaparece; non hai recursos para todos"
O Goberno de España anuncia a incoación do expediente para declarar a cidade de Ferrol como Lugar de Memoria. Será publicado o vindeiro 4 de novembro no BOE, segundo anunciou o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres. "Hai razóns históricas desde o século XIX", xustificou.
A Xunta prevé mercar baixos comerciais para habilitalos como vivenda pública. Alfonso Rueda anuncia nun almorzo informativo en Madrid -na imaxe- que o Goberno galego vai "adquirir e rehabilitar baixos" nun "programa piloto" encadrado na promesa de "duplicar o parque de inmobles" públicos nesta lexislatura, isto é, dunhas 4.000 a arredor de 8.000. Nun recente informe a Consellería de Vivenda cifraba en 2.943 as novas vivendas públicas en diferentes puntos de tramitación mentres a demanda de pisos protexidos -nas diversas modalidades- supera as 22.000 peticións.
- As peticións de pisos protexidos dispáranse un 30% na Galicia urbana en menos dun ano
- HEMEROTECA | Cinco vivendas protexidas rematadas en 2024 en Galicia evidencian o lastre dunha década de parálise
- HEMEROTECA | Alzas de prezos e peches de comercios aceleran o interese pola conversión de baixos en vivendas
O PP presenta outra moción de censura, desta vez en Manzaneda, apoiado en dous tránsfugas do PSdeG. Será a oitava alcaldía que os populares gañen neste mandato apoiados en edís tránsfugas ou de partidos independentes. Amable Fernández (na foto) perderá o bastón de mando en favor de Pedro Yáñez.
Remata o prazo para remitir propostas cidadás ao novo Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. A Secretaría Xeral da Lingua indica que recibiu unhas 300 achegas a través desta caixa de correo en internet pechada este 15 de outubro. Súmanse ás "máis de mil" recompiladas polos grupos que están a traballar na "actualización" do plan. Indica o secretario xeral, Valentín García, que o proceso encara xa "a súa última fase" e contra finais de ano "está prevista a redacción definitiva do texto por parte da comisión técnica na que quedarán reflectidas as medidas de promoción e impulso do uso do galego nos distintos sectores e ámbitos".
O Goberno de España entrega a Anxo Quintana a Medalla á Promoción dos Valores da Igualdade. O ex-vicepresidente da Xunta e antigo líder do BNG é unha das 94 persoas ás que o Ministerio de Igualdade outorgou esta distinción pola súa contribución, como membros das Cortes, á aprobación da Lei Integral contra a Violencia de Xénero, de cuxa entrada en vigor se fixeron recentemente vinte anos. Quintana, daquela senador en representación do Parlamento, agradeceu o recoñecemento durante o acto de entrega, celebrado na Subdelegación gobernamental en Ourense, e subliñou que daquela "pensabamos que aquilo era un primeiro paso importante", se ben "resulta preocupante que a día de hoxe esteamos inmersos nunha batalla por conservar os dereitos das mulleres e os principios de igualdade". [Imaxe: © Goberno de España]
O Goberno de España lamenta a ausencia da Xunta na Convención para un Pacto de Estado Fronte á Emerxencia Climática que está a celebrar en Ponferrada. O delegado gobernamental en Galicia, Pedro Blanco, ve "difícil de entender que cando Galicia sofre peores vagas de lume, calor e secas, a Xunta non estea á altura e non participe" pero, ao mesmo tempo, "reclame máis recursos". Que o Executivo galego non asista, lamenta Blanco, evidencia que "están máis pendentes de seguir as directrices do PP" que de combater a crise climática. O encontro, no que este martes interveu Pedro Sánchez, aborda o primeiro informe estatal de riscos climáticos, que inclúe alertas sobre ameazas ao subministro de auga, enerxía e alimentos. Na imaxe, a ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, inaugurando o encontro. [© La Térmica Cultural]
Feijóo reclama "elevar o nivel de esixencia lingüística e cultural" para acceder á nacionalidade española. O ex-presidente e actual líder do PP presenta o seu novo programa en materia migratoria e asegura entre apelacións á "orde" ter intención de "devolver á nacionalidade o seu sentido máis elevado" para que sexa "un mérito" e "un premio ao esforzo" e non "unha simple xestión". Porque "a nacionalidade española non se regala, merécese", sostén Feijóo en plena pugna demoscópica con Vox. [Imaxe: © PP]
- Menores migrantes en Galicia, da integración á segregación pola pugna da Xunta co Estado
- HEMEROTECA | Rueda endurece o discurso migratorio fronte a Amnistía, a Igrexa e a esquerda
- HEMEROTECA | O arcebispo di ante Rueda e Feijóo que é "inaceptable" usar migrantes como "arma política"
- HEMEROTECA | Feijóo recicla o dobre discurso sobre menores migrantes e retoma a teoría do "efecto chamada"