A Xunta prevé mercar baixos comerciais para habilitalos como vivenda pública. Alfonso Rueda anuncia nun almorzo informativo en Madrid -na imaxe- que o Goberno galego vai "adquirir e rehabilitar baixos" nun "programa piloto" encadrado na promesa de "duplicar o parque de inmobles" públicos nesta lexislatura, isto é, dunhas 4.000 a arredor de 8.000. Nun recente informe a Consellería de Vivenda cifraba en 2.943 as novas vivendas públicas en diferentes puntos de tramitación mentres a demanda de pisos protexidos -nas diversas modalidades- supera as 22.000 peticións.
- As peticións de pisos protexidos dispáranse un 30% na Galicia urbana en menos dun ano
- HEMEROTECA | Cinco vivendas protexidas rematadas en 2024 en Galicia evidencian o lastre dunha década de parálise
- HEMEROTECA | Alzas de prezos e peches de comercios aceleran o interese pola conversión de baixos en vivendas
