Israel suspende a entrada de axuda humanitaria en Gaza e bombardea o sur e o centro da franxa. O goberno de Netanyahu acusa a Hamas de violar o cesamento do fogo, algo que a milicia nega. Imaxe: UNRWA

Israel suspende a entrada de axuda humanitaria en Gaza e bombardea o sur e o centro da franxa. O goberno de Netanyahu acusa a Hamas de violar o cesamento do fogo, algo que a milicia nega. Imaxe: UNRWA
Morre a fotógrafa coruñesa Maribel Longueira aos 74 anos. A súa obra expúxose en numerosas exposicións persoais e colectivas distintos países de Europa e América. Destaca especialmente o traballo que desenvolveu sobre o barrio herculino do Papagaio e que publicou en Papagaio (Laiovento, 2006) en conxunto con Luísa Villalta, que puxo textos ás imaxes que retrataban a prostitución e procesos de especulación urbanística.
Lara Dopazo, grupo CINTEXC, Xosé Miguel Andrade, Apego, Cuarteto Quiroga, Chus Martínez, Teatro de Ningures, Manolo González, CIFP Carlos Oroza e Carballo Interplay, premios da crítica de Galicia 2025, que se veñen de dar a coñecer en Vigo. 350 persoas asistiron ao acto de entrega da XLVII edición dos galardóns, conducido por Roberto Pascual.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visita Ribeira cinco días despois da moción de censura que expulsou da Alcaldía a Luís Pérez Barral (BNG) para anunciar coa nova alcaldesa, Mariola Sampedro, a licitación do proxecto da nova residencia de maiores da localidade. A residencia fora reclamada durante anos polo anterior Goberno municipal e o proxecto fora paralizado o pasado mes de xuño pola Xunta.
A Real Academia Galega e o Congreso dos Deputados asinan un convenio de colaboración para a tradución de textos lexislativos ao galego. Henrique Monteagudo e Francina Armengol acordan que a Academia se encargue de verter ao galego as iniciativas lexislativas aprobadas pola Cámara Baixa e de prestarlle o apoio que puntualmente poida requirir para a tradución, validación e elaboración en galego de documentos relacionados coa actividade non parlamentaria da Cámara.
Manuel e Martiño Rivas colaboran con Greenpeace en contra do proxecto da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. "O que Altri non ten nin terá é o apoio social", di o escritor. "Altri, Galicia non vos quere", agrega o actor. Ambos gravan un vídeo no que chaman a asinar a petición da ONG para que retiren o proxecto porque "xa está ben de asoballar a nosa terra".
Sés publica o single 'Nadando na incerteza', adianto do seu próximo libro-disco, do mesmo nome, que verá a luz o vindeiro 28 de novembro. O tema, que xa se pode escoitar en todas as plataformas, é un regreso “á esencia máis pura da canción”, coa palabra e a melodía no centro “sen artificios nin sobreproducións”.
O BBVA fracasa na súa OPA ao Sabadell: apenas obtivo o 26% do capital na operación. A compra agora fracasada impactaría en Galicia nun panorama no que ambas entidades están superpostas en 43 concellos despois de que o banco catalán quedase hai unha década cos restos do Banco Gallego tras a quebra e rescate de Novagalicia Banco.
A Xunta "flexibiliza" a moratoria do eucalipto. Medio Rural permitirá substituír piñeirais enfermos por eucaliptos e cifra en 1.100 as sancións impostas desde 2022 por plantar esa especie en lugares non permitidos.
[📸 plantación de eucaliptos © Greenpeace]
O Goberno de España anuncia a incoación do expediente para declarar a cidade de Ferrol como Lugar de Memoria. Será publicado o vindeiro 4 de novembro no BOE, segundo anunciou o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres. "Hai razóns históricas desde o século XIX", xustificou.