O persoal contra incendios manifestarase o xoves 30 de outubro en Compostela "por un servizo público, digno e con garantías laborais". Traballadores do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), convocados pola CIG, sairán ás 11 da Consellería de Medio Rural para rematar diante do complexo da Xunta en San Caetano.
