A plataforma Sanidade Galega con Palestina chama a cidadanía a deixar de mercar medicamentos da farmacéutica TEVA e as súas filiais Ratio, Ratiopharm, Davur, Belmac e Tevagen. O persoal sanitario mobilizado neste colectivo asegura que é a súa obriga deontolóxica "contribuír a aliviar o sufrimento humano da poboación palestina" e salienta que a marca TEVA "financia directamente o xenocidio palestino ao ser a maior empresa de Israel e ter doado centos de millóns ao seu exército dende 2023". "Cada vez que mercamos un destes fármacos, contribuímos á maquinaria de guerra israelí", denuncian dende a plataforma.