Rueda anuncia a creación en 2026 "dunha fundación de colaboración público-privada para desenvolver un novo modelo de investigación forestal". O presidente da Xunta anunciouno no encontro Piñeiros 25 -na imaxe- que está a desenvolver en Santiago a Fundación Arume, a entidade na que participan varias das principais empresas do sector forestal, xunto con organizacións de propietarios, a Universidade de Vigo ou Abanca, entre outras.
- HEMEROTECA | Fundación Arume: "Se damos vía libre ao eucalipto, a industria do piñeiro desaparece; non hai recursos para todos"