O Consello de Seguridade da ONU apoia o "plan de autonomía" de Marrocos para o Sáhara Occidental e afasta aínda máis o comprometido referendo de autodeterminación. Malia renovar un ano máis a súa propia misión para organizar o plebiscito, a votación apuntala o recoñecemento da soberanía marroquí. En infoLibre, unha análise da "última batalla da descolonización" saharauí. Na imaxe, de arquivo, unha protesta do Frente Polisario contra a ocupación.
- En infoLibre | O Sáhara Occidental, ante a última batalla da descolonización
- HEMEROTECA | "En 'Vacacións en Paz' aprendemos moito dos nenos, da súa resistencia e loita por unha causa xusta"
- HEMEROTECA | España volve deixar o pobo saharauí nas mans de Marrocos en plena mudanza do taboleiro internacional
- HEMEROTECA | O conflito recrúa no Sáhara: de gozar os veráns en Galicia a adestrarse para a guerra