A música de Xosé Lois Romero & Aliboria aparece nunha canción da cantante Amaia sen previo aviso. O grupo galego confirma que un fragmento do tema Caroi soa na canción Aralar da artista de Pamplona que gañou Operación Triunfo en 2017, e informa de que están "en contacto para resolver esta situación". "Tivemos a oportunidade de falar con Amaia e co seu equipo, que asumiron responsabilidades, amosaron comprensión e sensibilidade ante o ocorrido", manifestan nun comunicado.