Morre un traballador en Santiago ao caer dunha nave no polígono do Tambre. O 112 sinala que recibiu a alerta pouco antes das nove da mañá e que foi mobilizada unha UVI móbil que non puido facer nada por salvarlle a vida.

Morre un traballador en Santiago ao caer dunha nave no polígono do Tambre. O 112 sinala que recibiu a alerta pouco antes das nove da mañá e que foi mobilizada unha UVI móbil que non puido facer nada por salvarlle a vida.
O ADN confirma que os restos conservados na necrópole da Catedral de Santiago pertencen ao bispo Teodomiro, descubridor do sepulcro do apóstolo Santiago, que deu inicio ás peregrinacións a Compostela. Así o demostran os resultados da investigación do arqueólogo galego Patxi Pérez-Ramallo, adiantados por El País, que se publican na revista especializada Antiquity. [Na imaxe, descuberta da tumba do apóstolo Santiago O Maior polo bispo Teodomiro no Tombo A da Catedral de Santiago - Dominio Público]
👉🏻AMPLIAMOS | Identifican os restos do bispo Teodomiro, quen descubriu a tumba do apóstolo Santiago hai 1.200 anos
Este luns comeza en Rianxo o festival Titiriberia, que se estenderá ata o próximo domingo coa República Checa como protagonista internacional.
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Monbus substituirá a Auto Res (Avanza) na concesión Madrid-Salamanca-Vigo a partir da próxima fin de semana tras facerse co concurso estatal para renovar a liña convocado polo ministerio. En Galicia a empresa lucense controlada por Raúl López está presente en 49 das 127 concesións da Xunta.
Máis dunha vintena de personaxes do cómic pódense ver xa polas rúas da Coruña, dende o Spiderman do Obelisco ao Superman que dá a benvida á cidade dende un paso elevado na Avenida da Vedra, pasando por Os Simpsons, Hellboy, Esther, Blacksad, Corto Maltés ou Groucho, distribuídos por distintos escenarios da urbe herculina. O vindeiro luns comeza o Viñetas deste o Atlántico, que este ano inclúe por vez primeira unha figura dun personaxe do cómic galego, o Gaspariño do Xaquín Marín, que presidirá as sesións do ‘Viñetas Late Night’ no Teatro Colón.
A pontevedresa Antía Jácome finaliza sexta a final do C2 500 con María Corbera, polo que obteñen diploma olímpico. Jácome aínda terá unha derradeira oportunidade de subir ao podio este sábado nas probas finais do C1 200.
A pontevedresa Antía Jácome clasifícase para a final do C2 500, que se celebrará ás 12:50 horas. En cambio, no K2 500 a tamén pontevedresa Carolina García e Sara Ouzande non puideron pasar da semifinal, na que foron sextas; ás 13 horas terá lugar a súa final B. Tamén quedaron fóra da final Carlos Arévalo e Rodrigo Germade na carreira do K4 500, ao ser quintos na súa semifinal. O pontevedrés Pablo Crespo, de só 22 anos, caeu igualmente na semifinal do C1 1000
O Ministerio de Sanidade alerta de risco alto para a saúde este venres por altas temperaturas en toda Pontevedra. A maioría das provincias da Coruña e Ourense presentan risco medio. Meteogalicia avanza para este sábado un aviso laranxa por altas temperaturas ao longo do val do Miño en Pontevedra e Ourense
Salvador Illa xa é o president da Generalitat de Catalunya. O socialista resultou investido no Parlament con maioría absoluta (68 votos a favor e 66 en contra), grazas ao acordo con ERC, pero tamén contou co apoio dos Comúns. Finalmente, Carles Puigdemont non apareceu no hemiciclo –a pesar de presentarse en Barcelona na mañá deste xoves– e cando foi citado para votar resoaron os aplausos do grupo de Junts. [Imaxe CC-BY-SA TV3]