A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anuncia que a vacinación da COVID-19 comezará en toda a UE entre os días 27 e 29 deste mes. O vindeiro luns, 21, a Axencia Europea do Medicamento prevé validar a vacina de Pfizer. (Na imaxe, vacinación da gripe nun centro de saúde da Coruña)
Fálase
'Gromo’, ‘máscara’, ‘nós’, ‘pandemia’, ‘seteiro' e ‘vacina’ optan a se converter na Palabra do Ano, na votación que todos os anos impulsan a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e que estará aberta ata o 25 de nadal. Varios dos termos están relacionados coa situación xerada pola Covid-19 (como gromo), pero tamén hai un oco para o centenario da Xeración Nós ou para a terminoloxía normalizada das constelacións, presentada recentemente, pois seteiro é unha das denominacións propostas para Sagittarius. 'Sentidiño', 'Deseucaliptización' e 'Afouteza' foron as palabras escollidas os tres últimos anos.
Feijóo e Baltar “avalían a evolución” do parque acuático prometido en 2016 e que “comezará pola execución das piscinas” no recinto deportivo xa existente de Monterrei. A comezos deste ano a propia Xunta adiou cando menos ata o verán de 2023 un proxecto que asegura que acometerá por fases e que custará máis de 8 millóns de euros. [Imaxe: @ManuelBaltar]
A Xunta confirma o peche perimetral de Galicia do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, pero coas visitas a familiares como excepción. Toda a información sobre o plan do Sergas para o Nadal, neste espazo.
A Axencia Europea do Medicamento adianta ao luns a súa reunión para validar a vacina de Pfizer contra o coronavirus e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen felicítase e considera posible que as primeiras doses se administren antes de rematar o ano.
- HEMEROTECA (novembro) | As vacinas de Pfizer e Moderna contra a COVID, entre a esperanza e a cautela
A Xunta reduce a sete comunidades autónomas a obriga de rexistro de viaxeiros que cheguen a Galicia como medida de control do coronavirus, lista da que sae Madrid pero na que seguen Asturias e Castela e León. O DOG renova este martes a anterior listaxe de territorios, publicada o 30 de novembro, e mantén a obriga tamén para a maior parte de Europa, incluído Portugal, pero retíraa para Francia.
O Culler de Pau do Grove convértese no primeiro restaurante galego en lograr a súa segunda Estrela Michelín. Nesta entrevista con VINTE o seu propietario, o cociñeiro Javier Olleros, falou das claves do seu proxecto: investigación, sustentabilidade e proximidade, cun fondo respecto polos produtores da terra e do mar. (Imaxe © Culler de Pau)
Diversos servizos de Google sofren un fallo a nivel global. A caída afecta a servizos como Gmail, YouTube ou o propio buscador, entre outros.
O DOG publica os dous festivos locais de 2021 en cada concello, que se suman aos 12 estatais e galegos xa aprobados.
Este martes comeza en Pontevedra unha nova edición do festival Novos Cinemas, que se desenvolverá de forma simultánea no Teatro Principal e o Museo Provincial e online a través de Filmin. A Sección Oficial acollerá unha selección de nove películas, na súa maioría inéditas en Galicia, ás que se suman os filmes doutras seccións non competitivas. O certame, que rematará o domingo, inclúe un espazo de asesoramento para proxectos en fase de desenvolvemento (LAB), encontros cos cineastas Nuria Giménez e Andrés Goteira e dúas mesas de debate.