Este martes comeza en Pontevedra unha nova edición do festival Novos Cinemas, que se desenvolverá de forma simultánea no Teatro Principal e o Museo Provincial e online a través de Filmin. A Sección Oficial acollerá unha selección de nove películas, na súa maioría inéditas en Galicia, ás que se suman os filmes doutras seccións non competitivas. O certame, que rematará o domingo, inclúe un espazo de asesoramento para proxectos en fase de desenvolvemento (LAB), encontros cos cineastas Nuria Giménez e Andrés Goteira e dúas mesas de debate.
