A partir das 12 pódese seguir en directo a través da rede o pleno da RAG con motivo Día das Letras Galegas, en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, que se celebra no Paraninfo da USC. Intervirán Margarita Ledo Andión, Xesús Alonso Montero, Ramón Villares e Francisco Fernández Rei.
Fálase
Hai hoxe dous anos nacía VINTE e celébrao presentando en primicia o videoclip do novo de Chicharrón, Ondeando, adianto do seu novo disco Unha fogueira intacta.
A Xunta relaxa as restricións nas cidades de Lugo (pasa a nivel medio) e Pontevedra (pasa a nivel medio-alto) e tamén o fai en vilas como Narón, O Porriño, Poio, Marín, Ribadavia ou Xinzo de Limia. Con todo, as medidas endurécense en concellos como Sarreaus, A Rúa, Camariñas, Zas, Tomiño e O Rosal Toda a información, este mediodía en Praza.gal
Acordo no Consello Europeo para desbloquear os fondos de recuperación da COVID-19. Así o vén de confirmar o presidente do Consello, Charles Michel, que ratifica tamén o pacto sobre o marco financeiro da Unión. Isto implica que os Estados membros da UE veñen de achar unha solución que pon fin aos vetos anunciados por Polonia e Hungría, así como ás reticencias doutros membros. Na imaxe, Pedro Sánchez flanqueado por Michel e a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen, á súa chegada ao Consello que se celebra en Bruxelas. (© European Union)
Os Franco entregan as chaves do Pazo de Meirás, que xa é patrimonio público do Estado. A xuíza Marta Canales fixo entrega das chaves do pazo de Meirás á avogada do Estado, Consuelo Castro, en cumprimento da execución provisional da sentenza do 2 de setembro.
O rei emérito paga unha débeda de case 700.000 euros a Facenda para evitar unha causa xudicial. O ex-monarca Juan Carlos I aclárao nun comunicado emitido polos seus avogados.
A rede Europa Cinemas premia a Ramiro Ledo polo seu traballo como director e programador do Cinema Duplex de Ferrol. O tamén cineasta recibe o galardón de Emprendedor do Ano 2020 por, sinala o xurado, a "valentía de abrir un cinema destas características nunha cidade pequena como Ferrol". A organización do premio tamén subliña súa experiencia previa como director e programador do compostelán NUMAX. (Foto: Alicia Seoane / DUPLEX)
- HEMEROTECA | A nova vida do Dúplex devolve o cinema a Ferrol
A vicepresidenta do Goberno de España, Carmen Calvo, reúnese este mércores na Coruña coa Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Sada para abordar o futuro do Pazo de Meirás na véspera da súa entrega ao Estado por orde xudicial.
A web www.isaacdiazpardo.gal presentada este luns pretende ser un espazo de memoria viva do creador. Coincidindo coa exposición As miradas de Isaac, a Xunta lanza a páxina como “espazo de referencia onde concentrar todo o universo” de Díaz Pardo.
Queda instalado no museo do Gaiás o mural de Luís Seoane encomendado por Isaac Díaz Pardo para a factoría de Porcelanas La Magdalena, na Arxentina. A peza foi mercada pola Xunta, que detalla que "foi o propio Díaz Pardo quen construíu a base do mural sobre o deseño e as indicacións de Seoane, que nunha visita a Magdalena el mesmo rematou e asinou".