A UE e o Reino Unido pactan seguir coas negociacións para evitar un Brexit sen acordo. Este domingo estaba fixado o prazo límite para chegar a un entendemento, pero a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o primeiro ministro británico, Boris Johnson, decidiron esta mañá ampliar o período de negociacións.
