O PSdeG traslada que Ferraz ratificou a súa proposta para que Carmela López, alcaldesa de Burela e deputada provincial, sexa a candidata socialista para substituír a José Tomé na Presidencia da Deputación de Lugo, que dimitiu tras o coñecemento público dun presunto caso de acoso sexual. O BNG avanzou xa o voto a favor da súa candidatura para "dar continuidade á maioría de esquerdas" no goberno da entidade provincial. Dende o PSdeG subliñan que a ratificación "permite avanzar na conformación dun proxecto sólido para unha Deputación útil, próxima e comprometida coa igualdade de oportunidades en toda a provincia de Lugo". [📸 CC-BY-SA Concello de Burela]