O ex-conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña ocupará o posto de secretario da Mesa do Parlamento que deixa a tamén ex-conselleira Ethel Vázquez, que volve ao posto que tiña en Augas de Galicia.
O ex-conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña ocupará o posto de secretario da Mesa do Parlamento que deixa a tamén ex-conselleira Ethel Vázquez, que volve ao posto que tiña en Augas de Galicia.
Ex-traballadoras das mansións de Julio Iglesias acusan o cantante de agresións sexuais, segundo unha investigación de eldiario.es. Unha empregada do servizo doméstico e unha fisioterapeuta relatan un ambiente de control, acoso e terror nas súas vivendas de República Dominicana e as Bahamas. Foto: Alejandro Vilar.
Tanques israelís disparan contra unha patrulla de cascos azuis de España no Líbano. Os tres proxectís caeron perto dos soldados da ONU sen causar feridos, segundo informa o Ministerio de Defensa. Foto: UNIFIL Líbano
O PSdeG traslada que Ferraz ratificou a súa proposta para que Carmela López, alcaldesa de Burela e deputada provincial, sexa a candidata socialista para substituír a José Tomé na Presidencia da Deputación de Lugo, que dimitiu tras o coñecemento público dun presunto caso de acoso sexual. O BNG avanzou xa o voto a favor da súa candidatura para "dar continuidade á maioría de esquerdas" no goberno da entidade provincial. Dende o PSdeG subliñan que a ratificación "permite avanzar na conformación dun proxecto sólido para unha Deputación útil, próxima e comprometida coa igualdade de oportunidades en toda a provincia de Lugo". [📸 CC-BY-SA Concello de Burela]
O Goberno de España bonificará a quen non suba o prezo do alugueiro e limitará o de temporada. Os propietarios que renoven os seus contratos sen elevar o importe aos inquilinos terán unha bonificación fiscal do 100% no IRPF. Sumar, socio do executivo, anuncia que non apoiará a proposta. Foto: ©Pool Moncloa/Fernando Calvo.
Un "contrato de vida dixital" entre alumnado e colexio, entre as medidas do Plan de benestar dixital no ensino da Xunta. O Goberno galego di que será "un documento voluntario que asinarán o centro e o alumno, de acordo coa familia, relativo ao uso das tecnoloxías fóra do horario escolar", con "obrigas para o alumno no que atinxe aos tempos, horarios e usos dos dispositivos dixitais" e "retos de desconexión dixital como método pedagóxico".
A asociación Dereito a Morrer Dignamente concéntrase na Praza do Obradoiro en lembranza do falecemento de Ramón Sampedro, hai hoxe 28 anos, e reitera a súa petición para que o 12 de xaneiro sexa declarado como Día da Morte Digna en Galicia. [📸 © Montse Prado/BNG]
Falece aos 101 anos José Luis Varela Iglesias, escritor e profesor, discípulo de Vicente Risco e académico correspondente da RAG, ademais de na RAE e na Real Academia da Historia. Premio Nacional de Literatura Miguel de Unamuno en ensaio, foi premiado coa Medalla de Galicia en 2001. Foto: CC-BY-SA RAG.
Rueda critica o BNG por "seguir apoiando tiranos" e asegura que o PP estará con Venezuela "ata que sexa un país libre". O presidente da Xunta chama a estender "a fórmula de Galicia" ao resto de España durante a Interparlamentaria dos populares celebrada na Coruña coa presenza do líder do partido, Alberto Núñez Feijóo.
Agricultores e gandeiros manteñen cortada a A-52, tras máis de 24 horas de protesta polo acordo entre a UE e Mercosur. O corte da estrada ao paso por Xinzo de Limia comezou a primeiras horas do sábado.