O PP recorre no Supremo a sentenza que o pasado 2021 condenou o partido e o seu ex-tesoureiro, Luis Bárcenas, pola reforma da súa sede central da rúa Génova de Madrid (na imaxe) con máis dun millón de euros en diñeiro negro. A formación que lidera Alberto Núñez Feijóo alega que a Audiencia Nacional incorreu en fraude de lei e alega, entre outros aspectos, que os feitos prescribiran cando comezaron a investigarse. Aquel ditame volvera dar por acreditada a existencia dunha 'caixa B' no partido. Recentemente, Feijóo confirmou que cancela a venda do edificio, que decidira Pablo Casado coa intención de distanciarse de casos de corrupción coma este.
