A Deputación Permanente do Parlamento, o órgano que substitúe ao Pleno cando este está disolto pola convocatoria de eleccións,analiza o venres a petición unánime da oposición de que Feijóo dea explicacións polas investigacións a Pemex. O propio Feijóo xa o rexeitou e a maioría absoluta do PP permitiralle non ter que comparecer.
