O xulgado da Pobra de Seabra non acepta adiar o xuízo rápido a José Manuel Baltar como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria por conducir o coche oficial da Deputación de Ourense a 215 por hora. O avogado do presidente da institución e do PP ourensán alegou que tiña fixada unha vista por outro caso con anterioridade, pero a xuíza estima que pode comparecer igualmente "ao longo da mañá deste martes" a través de internet, segundo confirman fontes do Tribunal Superior de Castilla y León. Máis información, hoxe en Praza.gal.
