Atropelo múltiple en Vilanova: un coche levou por diante 11 persoas, entre elas un menor, ao irromper a pasada noite na carpa onde actuaba a París de Noia durante as festas de San Miguel de Deiro, segundo confirmou o 112. A condutora do vehículo perdeu o control por causas que se están a investigar. Segundo informa Diario de Pontevedra, os ocupantes do coche eran un coñecido narcotraficante e a súa esposa. Na imaxe, dos servizos de emerxencia e publicada por Pontevedra Viva, a zona do accidente minutos despois do suceso.
