As oposicións de Educación xa teñen data: serán o sábado 21 de xuño. A oferta pública de emprego constará de 1.664 prazas de 50 especialidades distintas.

As oposicións de Educación xa teñen data: serán o sábado 21 de xuño. A oferta pública de emprego constará de 1.664 prazas de 50 especialidades distintas.
O Parlamento votará a reprobación de José Manuel Baltar como senador pola súa condena por delito contra a seguridade viaria. O BNG insire a iniciativa na orde do día do vindeiro pleno tras a sentenza na que o Supremo concluíu , "sen lugar a ningunha dúbida", que o ex-presidente da Deputación de Ourense circulaba a máis de 200 por hora aos mandos dun coche oficial da institución. O Bloque resalta que reclama a dimisión do popular "pola comisión do delito e pola falta de exemplaridade que supón". O PP, a través de Rueda e tamén de Feijóo, xa avalou a súa continuidade no cargo. [Imaxe: CC-BY-SA David Cabezón / Xunta]
O Goberno de España aproba o anteproxecto de lei e dá o primeiro paso para reducir a xornada laboral a 37,5 horas. "Hoxe é un día histórico", di Yolanda Díaz, ministra de Traballo.
Álex López deixa o fútbol. O capitán do Racing de Ferrol e ex-xogador do Celta, entre outros equipos, asumirá outras funcións dentro do club ferrolán, segundo vén de anunciar a entidade.
Este luns entra en servizo o treito Palas-Melide da autovía A-54 entre Lugo e Santiago, de algo máis de 11 quilómetros. Faino case trinta anos despois da primeira pedra do primeiro treito, da Lavacolla a Compostela e coa recomendación de que os camións sigan circulando pola N-547 para evitar colapsar rúas do centro melidao. Aínda resta o tramo final, 16 quilómetros de Melide a Arzúa, que o Ministerio de Transportes prevé finalizar durante este 2025. O ministro Óscar Puente preside a inauguración nunha xornada na que tamén visita as obras da conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña. Na imaxe [© Ministerio de Transportes], obras da A-54 entre Palas e Melide, o pasado ano.
Hoxe é a Candeloria, "o día que casan os paxariños" ou a Festa da Luz. A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda dedícalle un artigo á celebración que marca o inicio do final do inverno: "pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro"
Un mural do artista urbano lucense Tirso Paz, Bublegum, vén de ser galardoado como o mellor do mundo na categoría Artist Choice dos premios internacionais Street Art Cities. Bublegum pintou o seu Ornamental Ocelot en Cheste (Valencia) dentro do festival Graftea Cheste. Tirso Paz destaca que “me gusta dar visibilidade a especies menos comúns e resaltar a biodiversidade do planeta. Quixen crear un gardián que protexese a rúa cunha presenza imponente”.
Os EUA confirman que imporán aranceis do 25% contra México e Canadá desde mañá sábado. Tamén aplicará o 10% sobre China. Foto: CC BY-SA Gage Skidmore.
Afundación renova o seu padroado e Xosé Carlos Caneiro deixa de ser vicepresidente substituído por Santiago Camba, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco e antes secretario xeral de Emigración con Feijóo e de Xuventude con Fraga. Como presidente da obra social de Abanca continúa Miguel Ángel Escotet, curmán de Juan Carlos Escotet, máximo responsable do banco.
O penúltimo treito da A-54 Lugo-Santiago, entre Palas e Melide, entra en servizo o luns, á espera de que ao longo deste ano abra tamén o derradeiro, Melide-Arzúa. Á inauguración do luns asistirá o ministro de Transportes, Óscar Puente. A primeira pedra do primeiro treito da autovía, entre Santiago e Lavacolla, púxose en 1996, hai 29 anos.