Este luns entra en servizo o treito Palas-Melide da autovía A-54 entre Lugo e Santiago, de algo máis de 11 quilómetros. Faino case trinta anos despois da primeira pedra do primeiro treito, da Lavacolla a Compostela e coa recomendación de que os camións sigan circulando pola N-547 para evitar colapsar rúas do centro melidao. Aínda resta o tramo final, 16 quilómetros de Melide a Arzúa, que o Ministerio de Transportes prevé finalizar durante este 2025. O ministro Óscar Puente preside a inauguración nunha xornada na que tamén visita as obras da conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña. Na imaxe [© Ministerio de Transportes], obras da A-54 entre Palas e Melide, o pasado ano.
- AMPLIAMOS 👉 O último treito da A-54 Lugo-Santiago, de 16 quilómetros, abrirá en dúas fases durante 2025
- HEMEROTECA | A Audiencia Nacional condena a demora da A-54 Lugo-Santiago: 10 anos nun treito que ía levar 3 e pasou de 88 a 123 millóns
- HEMEROTECA (2013) | Fomento paraliza a autovía entre Lugo e Santiago ata 2015
