O ascensor HALO de Vigo, aberto hai case un ano, rexistrou este Nadal unha media de 18.000 usuarios ao día. Desde a súa apertura o pasado febreiro a media global é de 12.000 persoas diarias.

Hoxe é o Día de Rosalía e hai moitas formas de celebralo
O ascensor HALO de Vigo, aberto hai case un ano, rexistrou este Nadal unha media de 18.000 usuarios ao día. Desde a súa apertura o pasado febreiro a media global é de 12.000 persoas diarias.
Feijóo recúa e o PP votará "si" ao decreto que recupera as medidas sociais derrogadas polo seu "non" canda Vox e Junts. Os conservadores xustifican a súa mudanza pola aprobación de medidas como a revalorización das pensións e malia incluír o decreto outras que descualificaron con dureza nos últimos días, como a devolución ao PNV dun edificio en París incautado polos nazis e entregado á ditadura franquista. Co "si" de Junts garantido, o cambio de criterio do PP garante ao Goberno de España que a votación saia adiante por unha ampla maioría absoluta. Na imaxe [© PP], o ex-presidente e actual líder popular, este martes nun acto en Madrid.
Mudanza na Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. José María Gómez y Díaz-Castroverde non presentará a súa candidatura para a reelección ao cargo no que leva desde 2019 "para centrarse na súa función xurisdicional como maxistrado do alto tribunal", segundo traslada o gabinete de prensa do TSXG, que apunta que para Díaz-Castroverde "é o momento de dar paso a novos proxectos e ideas que contribúan a seguir mellorando o funcionamento e a imaxe da xustiza" no noso país. A convocatoria da praza vacante na Presidencia do TSXG sae publicada no BOE deste mércores. [📸 O actual presidente do TSXG co vicepresidente Diego Calvo, responsable da administración de Xustiza en Galicia CC-BY-SA Xunta]
As oposicións de Educación deste 2025 terán 1.664 prazas, 1.424 delas de acceso libre. A Consellería publica o detalle das 50 especialidades para as que cubrirá prazas con este proceso selectivo cadrando co seu envío aos sindicatos do sector. Trátase de 426 para o corpo de mestres, 918 para profesorado de ensino secundario, 80 para profesorado especialista en sectores singulares de FP, 10 para acceso ao corpo da inspección educativa e 230 de acceso do subgrupo A2 ao A1. Pódense consultar nesta ligazón
Detido pola Garda Civil o ex-deputado de AGE Xabier Ron nunha operación que incluíu rexistros no instituto de Pontedeume no que é profesor, segundo adiantou El Correo Gallego. O caso está instruído polo xulgado número 1 de Santiago, que decretou o segredo e non facilitará datos dun sumario que, atendendo ao revelado por El Progreso, investiga unha denuncia por agresión sexual. Ron foi membro da Cámara galega na lexislatura 2012-2016 e candidato en 2007 e 2011 á alcaldía de Santiago por Esquerda Unida, que nun comunicado subliña que Ron xa non ten vencellos coa formación e, ao tempo, resalta a "sorpresa" coa detención, a necesidade de respectar a presunción de inocencia e a "confianza" na investigación.
As medidas sociais desbloqueadas co pacto do Goberno de España con Junts xa están no BOE. Todas reactívanse mañá, xoves, agás a revalorización das pensións, que volve ter efectos dende o pasado 1 de xaneiro, polo que as de febreiro non sufrirán impacto ningún da derrogación provocada a semana pasada polos votos da formación catalá canda PP e Vox. [Imaxe: © Pool Moncloa/José Manuel Álvarez]
A Xunta suspende mañá mércores as clases en todos os concellos da Mariña lucense. A alerta laranxa por fortes ventos levou á Comisión Escolar de Alertas a suspender as actividades lectivas e o transporte escolar.
O Goberno do Estado e Junts pechan un acordo sobre o escudo social, con medidas como a revalorización das pensións, as bonificacións para o transporte público e o incremento do ingreso mínimo vital. O novo decreto, semellante ao tombado a semana pasada por PP, VOX e Junts, foi xa aprobado polo Consello de Ministros. A cambio, o Executivo accede a tramitar a proposición non de lei da moción de confianza pedida polo partido catalán
The Guardian faise eco do "colapso" da produción marisqueira en Galicia, con especial foco na ría de Arousa e apuntando causas como a contaminación ou o quecemento as augas por mor da crise climática. O xornal británico apunta ademais a conflitos abertos en torno a industrias e o seu impacto nas rías, tales como a eventual reapertura da mina de Touro ou a instalación de Altri.
Galicia pecha o ano con 5.500 persoas paradas menos e 17.400 empregos máis, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados este martes. É o nivel máis baixo de paro desde o segundo trimestre de 2008.