Desaloxados máis dunha vintena de colexios da Coruña por ameazas de bomba aparentemente falsas que afectan outros puntos de Galicia. A Policía Nacional está a aplicar nestes centros os protocolos habituais tras a recepción deses avisos por correo electrónico, mentres os colexios avisan as familias para a recollida anticipada das crianzas.