Unha escavación busca na Pobra do Brollón un dos mosteiros que deu orixe á Ribeira Sacra
Un equipo de arqueólogos dirixido por Xurxo Ayán está a escavar o lugar de Os Conventos no Val do Frade (Vilachá), onde podería estar o Mosteiro de San Martiño de Piñeira, do que hai constancia en documentos medievais, pero actualmente está sen localizar.