A Xunta recoñece que unha canteira de lousa ocupou o espazo protexido dun castro en Mondoñedo
A Consellería de Cultura constatou, tralas denuncias de Mariña Patrimonio e ADEGA, que a instalación alterou "substancialmente" o terreo e subsolo do castro da Trinidade e tamén a superficie do Camiño de Santiago do Norte. A Fiscalía investiga a responsabilidade do Goberno galego na desfeita