A Xunta reitera o seu compromiso de resolver a declaración BIC da Cova Eirós no prazo previsto
ADEGA alertou de que o prazo de 24 meses para completar o proceso está a dous meses de rematar. A entidade ecoloxista demanda que a protección abranga a outras covas do mesmo complexo arqueolóxico, ameazadas tamén pola proximidade da canteira de Cementos Cosmos