O Parlamento europeo debate o posible dano ambiental dun parque eólico na Costa da Morte
A Comisión de Peticións da Eurocámara mantén aberta a denuncia presentada pola Asociación ambiental e cultural Petón do Lobo sobre a instalación prevista no Monte das Salgueiras, a carón dunha zona protexida da Rede Natura e que afecta aos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica.