Rueda fai promoción de axudas a regantes da Limia cun evento da Xunta en campaña e o PSdeG anuncia accións legais
Malia ao veto legal aos actos nos que os gobernos enxalcen os seus "logros" en período electoral, a Xunta organizou a sinatura dun convenio cos regantes nun acto público en Xinzo no que Rueda subliñou o "investimento importante" da Xunta no proxecto ante un panel coa lenda "2,5 millóns de euros". "Vestiron a sinatura dun convenio administrativo da Xunta cunha comunidade de regantes nun mitin electoral do PP" para "comprar vontades en plena campaña", acusan os socialistas