A dinastía Baltar declina e inxecta na dereita galega doses de incerteza descoñecidas dende Fraga
A renuncia de José Manuel Baltar pode converter os feitos políticos deste xuño de 2023 en algo tan histórico como o sucedido a principios dos 90, cando Victorino Núñez deixou nas mans do seu pai a Deputación que gañara Centristas de Galicia. Todo dependerá en boa medida de se a institución provincial permanece ou non nas mans do PP. Polo momento, o herdeiro do baltarismo non marcha de todo.