Ourense
Baltar négase a dimitir, admite dúas multas máis e reitera que conduciu o coche oficial a 215 km/h por "despiste"
"Non", respondeu o presidente da Deputación e do PP de Ourense á pregunta de se dimitirá por este caso. A viaxe, afirma, debeuse a que tiña "varios encontros de xestión ordinaria como presidente" en Madrid, se ben non "pernoctou" nesa cidade. O 'barón' ourensán di que tivo outras dúas multas no coche da Deputación como presidente e nega que unha delas fose a imposta por circular a 157 km/h na N-120 entre Monforte e Pantón, viaxe na que "o xefe do parque móbil", mantén, non puido "identificar" con "certeza" quen conducía
Baltar di que conduciu a 215 por hora por "despiste" e Rueda eloxia as súas desculpas
A Garda Civil xa remitiu ao xulgado da Pobra de Seabra o atestado sobre o exceso de velocidade do presidente da Deputación de Ourense, que atribúe o seu "erro illado" a que circulaba por "unha longa recta (...) sen referencias". Segundo as medicións definitivas dos axentes, Baltar superaba o limiar do delito contra a seguridade viaria por exceder en 80 km/h o límite permitido. O presidente da Xunta ve "moi importantes" as "desculpas" do barón ourensán, que segundo varias informacións xa fora multado varias veces por exceso de velocidade a bordo do coche da Deputación
O posible expediente a Baltar queda en mans do PP estatal e o código ético da Deputación non contempla sancións
Os estatutos do partido contemplan a “competencia exclusiva e excluínte” do Comité Nacional de Dereitos e Garantías para instruír e resolver un expediente de calquera afiliado que pertenza a “calquera órgano nacional” do PP, como ocorre con Baltar
BNG e PSdeG esixen a Rueda que actúe contra Baltar polo seu presunto delito ao conducir a 215 por hora e o presidente evítao
Pontón di que os cargos públicos “temos que dar exemplo, e ir a máis de 200 é un perigo para a seguridade viaria”, mentres os socialistas ourensáns piden a dimisión do presidente da Deputación e preguntan “a onde ía co coche pagado por todos”
Buscan as familias de cinco asturianos fusilados en Celanova tras lograr identificar a Marcelino Fernández e Abelardo Suárez
Grazas ás comparacións de ADN un equipo multidisciplinar que traballa cos restos da foxa común de Celanova vén de identificar a dous mozos de Xixón fusilados hai 84 anos. Seguen buscando ás familias de Baldomero Vigil Vallejo, Guillermo de Diego Álvarez, Alfonso Moreno Gayol, Belarmino Álvarez García e Mariano Blanco González para identificalos
Rueda ve "tempo perdido" para Ourense o mandato de Jácome, a quen o PP deu a alcaldía
Na presentación do ex-alcalde Manuel Cabezas como novo candidato da formación o presidente provincial, Manuel Baltar, salienta a importancia dos votos na cidade para revalidar a presidencia da Deputación
O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas
Xosé Antón Jardón
Adif guindou ao Sil os vagóns descarrilados en 2020 de forma "intencionada" tras ser advertido de que non podía facelo
O TSXG corrixe unha sentenza previa que eximía a empresa pública da multa de 45.000 euros que lle puxo a Xunta e desbota os seus argumentos de que non afectou á saúde, que fora Renfe ou que xa tivera outra multa da Confederación Miño-Sil
Carta do Demo a Gonzalo Pérez Jácome
Xosé A. Laxe Martiñán
Rueda advirte que votar o PSOE o 28 de maio "é dicir que o Goberno de España o fai moi ben"
O presidente da Xunta e Manuel Baltar comparten acto na presentación dos 92 candidatos na provincia de Ourense, onde o líder dos populares da provincia avoga polo "voto de utilidade".
Formoso di que Ourense debe escoller "entre ter de alcalde a Hannibal Lecter" ou a "unha persoa solvente"
Na presentación da candidatura de Francisco Rodríguez á alcaldía, o secretario xeral do PSdeG lembra o "pacto de vergoña" que protagonizaron Jácome Manuel Baltar.