Ourense
O ex-alcalde de Ourense Francisco Rodríguez recunca como candidato do PSdeG "en liña co sentir maioritario da cidade"
O secretario de organización do PSdeG confirma a suspensión das primarias en Ourense e que Francisco Rodríguez será o candidato nas municipais. "Foi o mellor alcalde de Ourense dos últimos vinte anos, toda unha referencia para a xente progresista de Ourense, para a xente que quere que Ourense mire cara a adiante e sexa capaz de progresar e saír do pozo no que está metido", asegura José Manuel Lage
A 'Escola Laica Neutral' de Ourense, un ensino para "formar cidadáns libres" truncado polo Golpe de Estado de 1936
A Universidade de Vigo acolle un acto de homenaxe a Teresa Roqueta Vila e Hipólito Sinforiano Luengo, fundadores desta experiencia educativa que funcionou entre 1909 e 1936 e apostou polo ensino mixto e pola formación "con capacidade crítica e de libre pensamento"
Premio Xavier Prado “Lameiro” 2022 para Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé A. Laxe Martiñán
Hai cen anos Vicente Risco tiña un plan: a galeguización das escolas
A Fundación Vicente Risco publica unha edición facsimilar do Plan pedagóxico para a galeguización das escolas, publicado polo intelectual en 1921 na revista Nós. No texto avogaba pola introdución do idioma galego nun ensino absolutamente monolingüe en castelán.
O parque acuático para Ourense que Feijóo prometeu en 2016 volve demorarse e non abrirá por completo ata nove anos despois
Hai un ano a Xunta prometeu abrir neste pasado verán a primeira fase de actuacións nas piscinas xa existentes en Monterrei, pero só está executado o 26% e agora Rueda vén de anunciar que contratará outra empresa
O incendio de Lobeira en agosto estivo a piques de provocar un accidente entre un avión e un helicóptero con catro tripulantes
As dúas aeronaves, con cadanseus dous tripulantes, tiveron que frustrar as súas manobras cando se dispuñan a descargar auga e se aproximaron demasiado entre si
O metal en Ourense supera a semana de folga por un "convenio digno" e unha suba salarial acorde ao IPC
Traballadores e traballadores do siderometal na provincia manteñen o paro indefinido desde o pasado 5 de outubro na demanda dun incremento de salarios que permita "manter unhas condicións de vida dignas".
O 061 recoñece que a área sur de Galicia quedou sen helicóptero medicalizado catro días ante unha revisión "previsible"
O 061 confirma que da tarde do 1 de outubro ata a do 4 de outubro non houbo unha aeronave medicalizada na base de Ourense para as urxencias sanitarias e que foi substituído por unha ambulancia de soporte vital avanzado, o que para a CIG-Saúde "é un parche"
O arquivo doutra peza contra o ex-alcalde socialista de Ourense enfraquece máis o que queda do caso Pokémon
Tras outro recente peche dunha póla do caso Pokémon contra Conde Roa (PP), un xulgado de Ourense arquiva as acusacións de tráfico de influencias contra o ex-rexedor ourensán Francisco Rodríguez ao velas baseadas en "sospeitas ou indicios preliminares". Os investigados "non tiveron posibilidade de recoñecer ou contrastar" as escoitas telefónicas nas que De Lara baseou o caso, di o xuíz
Os investigadores do campamento romano de Penedo dos Lobos denuncian o "espolio" de metais causado por "furtivos"
O equipo de Roman Army regresa ao xacemento descuberto en Manzaneda para levar a cabo novas pescudas que permitan coñecer a estrutura do seu sistema defensivo. Así mesmo, avaliarán os danos provocados pola acción de "detectoristas de metais", unha práctica que está a aumentar nos últimos anos.
A Xunta é condenada a recompensar os descubridores da Pedra Alta, a estela “única” atopada en 2011 en Castrelo do Val
O Goberno galego alegou que pediran o premio demasiado tarde pero o Tribunal Superior négao e obriga a darlles a metade do valor que teña a peza, unha estatua menhir da idade do bronce gravada como un guerreiro