Política
O PSdeG sae do seu XV Congreso coa convicción de ser "a alternativa" pola esquerda en Galicia
Besteiro revalida o seu liderado no PSdeG: "No noso ADN non está ser oposición porque nós somos a alternativa, somos útiles en Galicia porque sabemos gobernar". Lara Méndez convértese na secretaria de organización do PSdeG e Carmela Silva mantén a presidencia tras renovar a executiva dos socialistas galegos
12 meses de rutina e sectarismo
Xesús Veiga
O PP volve gobernar Viveiro tras o pacto cos independentes contra PSdeG e BNG
Mariña Gueimunde é a nova rexedora do terceiro municipio máis poboado da provincia de Lugo logo de 22 anos de gobernos socialistas, tras prosperar a moción de censura impulsada polos populares co apoio de Por Viveiro.
- Crónica
- Política
O PSdeG busca un camiño para ser "a esquerda que pode"
Os socialistas celebran o seu Congreso Nacional cun pano de fondo marcado por reveses electorais e diversos infortunios e co reto dunha reconstrución que ten como primeira parada as municipais de 2027. Nun conclave o que a pugna polo liderado non existirá, Besteiro agarda centrar o debate no relatorio político onde o partido lanza propostas programáticas de fondo e tamén fixa postura sobre diversos asuntos controvertidos
"Nin medo nin vergoña, defensa firme dos nosos dereitos e liberdades": a campaña do BNG para o 8M
"A todos os Trumps, Musks, Abascales, Mileis, Orbáns... A todos os que coma eles pensan que poden devolvernos ao pasado queremos dicirlles este 8M que nin medo nin vergoña, senón defensa firme dos nosos dereitos e liberdades", asegura a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón
O lobo está dentro da casa. Sobre a vaga reaccionara e a dereitización dos partidos institucionais
Jano Martínez Rego
Miguel Fernández será o novo alcalde de Lugo
Decidiuno o grupo municipal do PSdeG este mércores pola tarde. Lugo terá así o seu terceiro rexedor neste mandato, despois de Lara Méndez e Paula Alvarellos, finada este sábado. Deberá ser elixido por un pleno municipal extraordinario que se celebrará o martes 11 como moi tarde e no que o candidato socialista conta cos votos do seu partido e cos do BNG.
O censo estatal de vítimas do franquismo basearase no proxecto pioneiro que a Xunta abandonou
A Secretaría de Estado de Memoria Democrática fai oficial a encomenda ao grupo de investigación Histagra da USC para elaborar o censo da represión dos golpistas, no que achegará "todo o coñecemento e experiencia acumulados" co proxecto Nomes e Voces
Política Social esquiva revelar ao Parlamento se expedientou un traballador polo seu trato a menores
O pasado xaneiro o PP esgrimiu contra BNG e PSdeG que un membro da plataforma que reclama a xestión pública do centro de discapacidade de Ourense fora condenado por abusos a unha menor en 1994. O home, revelaron ambos grupos, traballou despois con menores en centros da Xunta. A Consellería responde que "cómpre concretar que tipo de expediente se está a solicitar" tras reclamar o BNG saber se "tivo coñecemento" da apertura dun polo "tratamento a unha menor por parte dun traballador" no centro Avelino Montero de Pontevedra
Lugo, da conmoción pola morte da alcaldesa a unha elección política transcendental
A profunda dor pola morte de Alvarellos non se circunscribe ao seu partido nin ao eido político porque, moito antes de chegar á alcaldía, xa deixara pegada fonda en Lugo co seu labor como avogada, a súa implicación social e humanismo. Exerceu a alcaldía cunha axenda intensísima e un achegamento natural á veciñanza que tamén imprimía xa certo optimismo cara ás eleccións de 2027 a un PSdeG que ve dramaticamente truncado o nacente proxecto político en torno a Alvarellos e debe resolver en poucos días, por obriga legal, a elección do novo alcalde ou alcaldesa. Miguel Fernández e Ana González Abelleira sobresaen como nomes con máis probabilidades para asumir un reto maiúsculo
A Xunta sancionará e denunciará de oficio as agresións a persoal sanitario
Rueda anuncia a modificación da Lei de Saúde e prevé que as xerencias teñan que comunicar de oficio á Fiscalía os incidentes, haxa ou non denuncia. Tamén se aumentarán os botóns de alarma, impulsarase un servizo de axuda psicolóxica e legal e a formación e crearase un grupo de traballo para cambiar protocolos.