Política
O PSdeG volve procurar a súa identidade nun clima de tensión crecente
Pachi Vázquez aposta por modular o proceso que desembocará na súa marcha en 2013 no medio dun fogo cruzado de esixencias de "renovación". Mentres, socialistas afastados da primeira liña dirixente reclaman "reflexión" e "construción dun proxecto" novo tras o "malísimo resultado" do 21-O.
Beiras: "AGE ten que ser unha ponte entre a cidadanía activa e o Parlamento"
Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz adiantan que a actividade da súa formación nos vindeiros meses se apoiará nas organizacións sociais "que coñecen mellor que ninguén os seus ámbitos e formulan alternativas ao existentes" e chaman os cidadáns a "tomar as rúas para tomar o poder".
Como evitou Feijóo o castigo nas urnas
Galicia ofrécenos unha lección que parece obvia pero que con frecuencia esquecemos. Non sempre a mellor estratexia para o partido na oposición é “meterse na cama” e esperar a que a crise económica faga soa o traballo de acabar co goberno.
O que Feijóo di que vai facer ata 2016
Debullamos o programa electoral co que o PP venceu nas eleccións do 21-O, no que se combinan principios xerais como "xerar emprego" con actuacións concretas que semellan difíciles de pór en práctica, caso da redución "a cero" do gasto da Xunta en alugueres
As caras do último Parlamento galego con 75 deputados
O vindeiro 16 de novembro constitúese o Parlamento que aprobará o seu propio recorte, en virtude do incluído no programa do PP. Consulta no interior os deputados e deputadas que formarán o lexislativo da IX Lexislatura.
Pachi Vázquez pilotará o PSdeG ata o relevo da súa dirección en 2013
O Comité Nacional dos socialistas aprobará o 10 de novembro un calendario que desembocará nun congreso extraordinario, no que na formación se dá por feito que chegará a remuda na secretaría xeral
Refundar o PSdeG: discurso, democracia, equipo e ilusión
Iván Vaqueiro
O BNG fai autocrítica e anuncia que "cambiará o necesario" para recuperarse
Empeza este sábado "un proceso de reflexión colectiva" e non descarta cambios orgánicos e políticos. Rexeita botar a culpa dos resultados a outros partidos e espera que "o resultado doutros contribúa a debilitar o PP". "Estamos nunha situación moi difícil", recoñece.
A dirección do PSOE conxúrase para evitar o debate do liderado
"Non é momento de abandonar as responsabilidades senón de asumilas con máis forza", di Elena Valenciano, que cre que o ciclo electoral negativo para os socialistas "aínda non rematou".
O BNG, atrapado na espiral
César Lorenzo Gil
AGE: Nove escanos de éxito con mes e medio de vida
Alternativa Galega de Esquerda irrompe con forza no Parlamento malia a súa escasa traxectoria. O 'factor Beiras' e a agrupación do voto descontento coa forma de facer política foron as claves dunha coalición que non existía hai sete semanas e que se fixo forte nas cidades.