Besteiro promete "reanimar" a Atención Primaria do Sergas: "Acórdaste cando tiñas cita no médico rápido?"
O candidato socialista asegura que, se chega á Xunta, a súa "primeira medida" sanitaria sería un "plan de choque" co foco na Primaria: "os doentes non poden esperar entre 15 e 25 días por cita no médico de cabeceira". Compromete a SOS Sanidade a súa asistencia á manifestación do vindeiro día 4, propón medidas como "rebaixar as listas de espera poñendo en funcionamento os hospitais polas tardes ata que a situación se normalice"