Pontón: “Temos que quitarlle a chave dos nosos cartos a Madrid e dárllela ás galegas e aos galegos”
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu, no marco da xornadas de financiamento organizadas pola forza nacionalista en Santiago, un acordo pactado de xeito bilateral co Estado que lle dea a Galiza o mesmo que xa ten Euskadi e moi pronto vai ter Cataluña: a chave dos seus cartos para mellorar a vida dos galegos e as galegas.