Política
O PSOE proxecta aínda máis a Besteiro para a batalla das autonómicas
Os socialistas traen a Galicia a súa conferencia política en xaneiro, a pouco das eleccións galegas, e sitúan o candidato á Xunta á fronte da Comisión de Transportes do Congreso. Lara Méndez, alcaldesa lucense, suxire a Sumar que non se presente nas provincias de Ourense e Lugo.
A Xunta non aclara se vai asumir algunha recomendación do Consello de Contas sobre as eivas nas súas liñas de bus
Preguntado no Parlamento polas eivas que o ente fiscalizador detectou no seu traballo, o director xeral de Mobilidade responde que tamén funcionan mal os transportes do Ministerio ou de concellos do PSdeG ou do BNG
O persoal pide auxilio á Xunta e ao Parlamento ante o "delirio partidista" na CRTVG
O comité intercentros pide unha "intervención urxente" para deter a "manipulación informativa" que tornou os medios públicos no "máis eficaz órgano de propaganda do PP". Populares e Vox impiden que a Eurocámara debata sobre a manipulación na Radio Galega e na TVG.
2.600 persoas agardan máis dun ano por rehabilitación en Ourense: a falta de profesionais para a que o Sergas non ten solución
Fronte á diminución da espera cirúrxica e a estabilización nas consultas externas no global galego, o servizo de Rehabilitación do CHUO dispara a súa demora ante a incapacidade de Sanidade de cubrir as súas prazas
Eleccións galegas no comezo da primavera: ata o PNV o prevé así e di que "van ir a toda pastilla"
Andoni Ortuzar descarta que desta volta os comicios vascos e galegos coincidan, como sucedeu nas catro ocasións anteriores, porque cre que agora Rueda quere secundar a Feijóo contra a amnistía en Catalunya
Sumar Galicia asegura que se presentará ás eleccións galegas en todas as provincias e descarta unha coalición co PSdeG
O partido quere "incorporar o estilo Yolanda Díaz a Galicia" e asegura que concorrer en Lugo e Ourense, con menos escanos en xogo, "non vai impedir un cambio político", que só ve posible coas tres patas de BNG, PSdeG e Sumar
A Mariña volve quedar máis preto de Madrid en tren por Asturias que por Lugo coa apertura do túnel de Pajares
As viaxes directas Oviedo-Madrid quedan nunhas 3 horas e 20 minutos, fronte ás 4 horas e cuarto desde Lugo con transbordo en Ourense, á espera de que remate a mellora da liña Lugo-Ourense e que os trens Avril melloren todas as conexións
O TSXG paraliza cautelarmente outro parque eólico que a Xunta autorizou cunha tramitación pendente de revisión no Supremo
O alto tribunal galego cre que o parque Campo das Rosas, entre Campo Lameiro, A Estrada e Cerdedo-Cotobade, foi autorizado do mesmo xeito que o de Corme que anulou hai case dous anos, sentenza que o Supremo ten pendente revisar
Estradas e autoestradas estatais na axenda galega
Xoán Antón Pérez-Lema
Operarse na privada se a pública tarda demasiado? A Valedora revela como o Sergas "quebra as expectativas"
Unha norma permite cirurxías na privada pagadas polo Sergas se este tarda máis de 140 días, pero a unha muller que ía facelo así tras agardar 247 días a Xunta revogoulle o permiso 5 días antes sen explicacións. 546 días despois seguía agardando.
- Entrevista | Arturo Lezcano
- Política
"A presidencia de Bolsonaro tamén parecía imposible, pero el xa era político e Milei, nin tan sequera iso"
O xornalista galego foi correspondente en América Latina durante máis dunha década, cubriu o auxe da extrema dereita no Brasil e viviu seis anos na Arxentina, país ao que regresa regularmente e que afronta agora a incerteza da man dun novo presidente xurdido da cultura do espectáculo: "Milei non ten nada: nin cadros políticos, nin estrutura, nin experiencia de xestión".