Lugo en pesetas
A última vez que a un goberno do PP lle correspondeu aprobar uns orzamentos no Concello de Lugo o proxecto contaba con algo máis de 8.300 millóns de pesetas. Tras sete maiorías de esquerdas a cidade experimentou notables transformacións, unhas produto do paso do tempo e outras, de decisións políticas. Ás pesetas, aos cartos, a unha compra política ou económica, aluden moitas das voces críticas coa operación do PP de Elena Candia coa tránsfuga María Reigosa para derrubar o goberno de PSdeG e BNG