O PP logra o poder coa tránsfuga de Lugo tras media ducia de candidatos a bater na muralla da esquerda
A suma do voto da tránsfuga María Reigosa aos 12 do PP converterán a Elena Candia na primeira militante do PP en erguer o bastón de mando lucense dende 1999 nun mandato para o que as urnas volveron dar en 2023 a absoluta a PSdeG e BNG por estreita marxe e para o PP, o sétimo fracaso consecutivo no intento de gobernar a cidade