Rueda celebra o "éxito" do Son do Camiño con cartos da Xunta e di das festas locais "que melloren se o fan peor"
O presidente asegura que el non vai criticar as programacións festivas locais tras facelo o PPdeG
O presidente asegura que el non vai criticar as programacións festivas locais tras facelo o PPdeG
O líder popular gábase de firmeza contra a corrupción en 30 anos de carreira política, nos que relativizou condenas, obviou imputacións e evitou perseguir delitos
Pedro Sánchez recoñece que no PSOE “merecen” a crítica pública polos feitos coñecidos no informe da UCO da Garda Civil, mais resaltou que o seu “deber” está en “protexer” o Goberno de coalición con Sumar. “As eleccións son cada catro anos, así foi e así seguirá sendo”, incidiu o presidente do Goberno de España e líder socialista
O pasado 2024 foi, con 2.644 hectáreas, o terceiro ano con menor superficie ardida en incendios forestais nos montes galegos dende que hai datos comparables. O Pladiga subliña que a factores como "abandono do poboamento rural" ou unha propiedade da terra maioritariamente privada e disgregada se suma "a herdanza do resultado dunha política de (re)forestación non dotada en ocasións dunha conveniencia propia"
Tras suspender o TSXG a caza de xeito cautelar, a consellería di que as mandas pasaron "de 84 en 2014 a 93" e ocupan o 90% do territorio , malia que o censo oficial admite un erro na primeira cifra e fala de 90 en 2015, cando ocupaban o 94% do país
Housing for all peoples, vivendas para todo o mundo, é o lema da xuntanza sobre a crise da vivenda organizada polo grupo da Alianza Libre Europea, no que se integra o BNG, esta semana en Bruxelas. "É máis necesario que nunca un fondo europeo de vivenda", asegurou a eurodeputada Ana Miranda, que levou a unha delegación de representantes locais do Bloque
Educación publica as instrucións do curso 25-26, que incrementan o control das actividades complementarias aludindo ao artigo da lei de 1985 que se basea no precepto da Constitución sobre as cuestións relixiosas e morais no ensino. Impón incluír "todas" as actividades como charlas ou visitas na programación anual dos centros, que só "de xeito moi excepcional" poderán engadir outras coa condición de "dar conta ao consello escolar e á inspección educativa"
A UCO tira de conversas intervidas a Koldo García que premeu a prol de adxudicacións á construtora OPR e a cambio obtivo "contraprestacións" como un emprego para a súa esposa. Sinala entre as "posibles consecuencias" da súa detención que a obra na liña Monforte-Lugo na que lle atribúe manobras non fose para esa empresa, senón para a súa asociada
O presidente do Goberno de España e secretario xeral do PSOE anuncia unha auditoría externa das contas do partido e unha reestruturación da súa dirección tras a dimisión de Cerdán, cuxa marcha asegura que el mesmo lle esixiu: "Non debemos confiar nel"